Quen somos?

Ultramarinos Deseño Galego é unha nova proposta de merchandising e souvenirs deseñados para gustar aos de aquí, aos que son de aquí pero viven aló e aos que simplemente están de paso.

Ultramarinos é fresco, divertido, elegante e sobre todo moi orixinal. Ah! E é 100% deseñado e producido en Galicia.

 

nos

 

Ultramarinos somos Rubén e Dani, dous grumetes vigueses do sector da comunicación e a publicidade. Un deseña e o outro encárgase do resto. Xuntos creamos merchandising riquiño de Galicia mentres sucamos a Ría de Vigo, á captura de ideas en ultramar. Empezamos por Vigo, que é a nosa cidade. Nótase que nos gusta moito, non si?

Benvido a bordo!