14,00€
En Galicia enfrontamos os días grises de chuvia con paraugas de cores e moito sentido común: se chove, deixa chover. Por iso esta é a bolsa de tea ideal para os optimistas.
Esta tote bag de gran resistencia está elaborada con algodón orgánico de 280 g/m2. É unha bolsa perfecta para ir ao mercado, a clase ou para usar como bolso persoal.
Características: Tamaño de 38 x 42 cm, asas longas de 65 cm, cor natural e impresión dixital.
Hai existencias.