Ultramarinos Deseño Galego é unha aposta por renovar a idea, o estilo e ata o propio concepto do que é un souvenir. Os nosos deseños están pensados para chamar a atención dos turistas que visitan Galicia e tamén dos galegos que residen fóra da nosa terra. E xa postos en faena, por que non facer deseños que gusten tamén aos que viven aquí?

 

Con este espírito, e estes obxectivos, púxose en marcha a finais de 2015 Ultramarinos Deseño Galego, unha marca que sae do convencional para ofrecer produtos únicos que reinterpretan as iconas de Galicia, as súas cidades e vilas. As nosas referencias son culturais, arquitectónicas, folclóricas e ata gastronómicas. Ultramarinos é fresco, divertido e moderno. Deseño 100 % galego co que queremos ofrecer unha imaxe dinámica e creativa da nosa terra.

 

O equipo de Ultramarinos Deseño Galego está formado por profesionais galegos da publicidade e a comunicación curtidos en longas travesías en axencias, medios e editoriais. Agora embarcámosnos na aventura de crear os souvenirs máis orixinais de Galicia.

 

Falamos?

 

You don't have permission to register