As presentes condicións de uso do sitio web regulan os termos de acceso e uso de www.ultramarinos.gal, propiedade de ULTRAMARINOS ESTUDIO, S.L., que o usuario do sitio web deberá aceptar para usar todos os servizos e información que se facilitan desde o mesmo.
O mero acceso ou utilización do sitio web, de todos ou parte dos seus contidos e servizos, significa a plena aceptación das presentes condicións de uso. A posta a disposición e o uso do sitio web enténdese sometida ao estrito cumprimento dos termos recollidos nas presentes condicións de uso, así como nos documentos aviso legal, política de privacidade e condicións de compra, dispoñibles no sitio web.
Os usuarios poden acceder por medio do sitio web, de forma libre e gratuíta, á súa información e servizos. Porén, a utilización dalgúns dos servizos ofrecidos polo sitio web poderase ver condicionada pola necesidade previa de encher o correspondente formulario.
ULTRAMARINOS ESTUDIO, S.L. resérvase o dereito de modificar calquera tipo de información que puidese aparecer no sitio web, sen que exista obriga de preavisar ou poñer en coñecemento dos usuarios ditas obrigacións, entendéndose como suficiente coa publicación no sitio web www.ultramarinos.gal. O usuario recoñece e acepta expresamente que en calquera momento o sitio web poida interromper, desactivar e/ou cancelar calquera información ou servizo. ULTRAMARINOS ESTUDIO, S.L. realizará os seus mellores esforzos para intentar garantir a dispoñibilidade e accesibilidade á web. Porén, en ocasións, por razóns de mantemento, actualización, troco de lugar, etc., poderá supoñer a interrupción do acceso ao sitio web.
O usuario deberá respectar en todo momento os termos e condicións establecidos no aviso legal. De forma expresa, o usuario manifesta que utilizará o sitio web de forma dilixente e asumindo calquera responsabilidade que se puidese derivar do incumprimento das normas.
O usuario obrígase, naqueles casos que se lle soliciten datos ou información, a non falsear a súa identidade facéndose pasar por calquera outra persoa. O usuario acepta que a utilización do sitio web será efectuada con fins estritamente persoais, privados e particulares.
O usuario non poderá utilizar o sitio web para actividades contrarias á lei, a moral e a orde pública así como para finalidades prohibidas ou que vulneren ou lesionen dereitos de terceiros. Así mesmo, queda prohibida a difusión, almacenamento e/ou xestión de datos ou contidos que infrinxan dereitos de terceiros ou calquera outra normativa reguladora de dereitos de propiedade intelectual ou industrial.
O usuario non poderá utilizar o sitio web para transmitir, almacenar, divulgar, promover ou distribuír datos ou contidos que sexan portadores de virus ou calquera outro código informático, arquivos ou programas deseñados para interromper, destruír ou danar o funcionamento de calquera programa ou equipo informático ou de telecomunicacións.
O usuario responderá fronte a ULTRAMARINOS ESTUDIO, S.L. ou fronte a terceiros, de calquera dano e prexuízo que se puidesen causar como consecuencia do incumprimento de ditas obrigas.